Tradición, (re)tradución e reformulación na General Estoria e na Estoria de Troya afonsinas á luz dun testemuño indirecto do séc. XIV
lundi 2 juillet 2012 par Ricardo Pichel Gotérrez
O proceso de conformación da General Estoria, nomeadamente da Estoria de Troya integrada na segunda parte da compilación afonsina, pódese rastrexar a partir de dous testemuños indirectos do século XIV : o ms. 10.146 da Biblioteca Nacional de Madrid (que transmite un dos testemuños da Historia Troyana Polimétrica) e o ms. 558 da Biblioteca de Menéndez Pelayo de Santander (a Historia Troiana “bilingüe”). O presente traballo céntrase neste último exemplar, un manuscrito híbrido inicialmente redactado en castelán baixo o auspicio de Pedro I de Castela (ca. 1365-1369), mais que pouco tempo despois sería completado en galego no seo da corte nobiliaria coruñesa dos Andrade (ca. 1369-1373). A través dunha análise parcial da interpolación da General Estoria (especialmente GE1 e GE2) contida neste testemuño, ofrecemos varias conclusións (de índole discursiva e ideolóxica) vinculadas ao proceso de compilatio e ordinatio dunha das grandes “estorias unadas” da gran crónica universal afonsina, dado que o texto transmitido pola Historia Troiana reflicte un estadio discursivo anterior dos materiais troianos que finalmente chegarían a compendiarse na obra de Afonso X.
fr
Art et Culture
Revues, Guides, blogs...
Histoire culturelle
Espagne
?
|
OPML
?


